|
Ata o
ano 27 a.C., case douscentos anos despois de entrar os romanos
na Península Ibérica, e logo de múltiples intentos, estes non
podían cos nativos que habitaban os montes do que é hoxe
Cantabria, Asturias e a Galicia Oriental. Aquí atopábanse
importantísimos xacementos de ouro que Roma codiciaba con
disimulo.
Difamaron ó inimigo, reclutaron
mercenarios por todo o Imperio,
engraxaron a maquinaria de guerra e equiparon o maior exército
de toda a
historia de Roma. O emperador César Augusto xogouse
todo a unha; él en persoa, presentouse na Hispania ó mando de
tódolos exércitos. A parte do ouro, estaba obsesionado con
emular a seu tío Julio César na conquista das Galias (Francia).
As
mellores lexións tiñan ó frente os mellores legados: Antistio,
Furnio, Carisio e Agripa. A flota de guerra romana ía varrendo
dende a costa Atlántica e Cantábrica.
Ós
nativos gustáballes a táctica da guerrilla e as emboscadas, ós
romanos as operacións envolventes atacando dende varios flancos.
Despois de múltiples escaramuzas, os Cántabros retiráronse ó
Monte Araceli, os Astures ó Monte Vindio e os Galaicos ó Monte
Medulio.

O
Monte Medulio, que aínda non está localizado, sitúano os
historiadores cerca do río Miño (ou Sil). Posiblemente na
primavera do ano 26 a. C. tres columnas atacaron este monte por
tres flancos: Furnio polo Sil, viña dende Os Peares río arriba;
Carisio que viña dende Astorga, polo Bierzo; Paulo Fabio Máximo,
saíu de Lugo e atacou pola Serra do Rañadoiro e o Cebreiro. O
camiño cara o Monte Medulio foi terrible:graves e duros
combates, nun terreo plagado de matogueiras con ferintes espiñas,
enormes precipicios, estreitos desfiladeiros de profundidade
abismal e abundantes e espesas selvas.
Os
romanos non se atreveron a atacar o Medulio, decidíronse polo
asedio, para iso completaron un foxo ó redor deste, de 25
quilómetros de lonxitude, co seu correspondente valado de paus,
vixiado día e noite polos soldados romanos.
Cando
os nativos se deron conta da súa extrema situación, ou se
entregaban ou morrían de fame, apresuráronse a buscar a morte no
medio de banquetes, polo lume, polo ferro e polo veneno que
obtiñan ó espremer as piñotas cocidas dos teixos. Así, case
todos libráronse da escravitude, que para eles era peor cá morte.

Caurel, entre o Sil e o Miño. A Serra do Caurel ocupa
a parte central dun macizo montañoso que está situado na parte
oriental da provincia de Lugo e na occidental do Bierzo;
delimitado por: o río Valcarce ata a súa desembocadura no Burbia;
por este río, dende aquí, ata a confluencia co Sil; por este,
dende aquí ata a desembocadura do Lor; sobe por este ata a
confluencia co Loureiro; por este ata o seo nacemento na Serra
da pena Redonda, pola Serra do Oribio, Serra do Rañadoiro e
polos Montes do Cebreiro. A Serra do Caurel divide este macizo
en dúas partes case iguais; levántase case de súpeto, na marxe
dereito do río Valcarce e morre na marxe dereita do Sil, preto
da desembocadura do Lor; segue unha dirección noroeste- surleste.
No
centro do Caurel.
Case á metade da serra, á altura da Cabeza do Couto, nace unha
estribación que segue dirección noroeste. Antes de rematar de
súpeto no río Lor bifúrcase en dúas subestribacións: o Monte
Campelo e o Monte Cido.
Esta
estribación está delimitada polo río de Moreda, o río de Romeor,
o río Lor entre as desembocaduras dos anteriores e por un foxo
que a separa da serra nai. Este foxo arranca no río de Moreda,
na confluencia do Carrozo de Pelodorríos, pasa preto das cabanas
de Moreda Maior, fai cume nas Penas Míllaras e descende ata ó
Carrozo da Escada que aflúe no río Romeor (Rego de Moreira). O
total de foxo e ríos suma unha distancia de máis de vinte
quilómetros. Este foxo correspondería á primeira fase do ataque.

Atacar o Monte de Campelo non debeu ser moi difícil, os nativos
refuxiaríanse todos eles no inexpugnable Monte Cido. Os romanos
acortaron o cerco construíndo outro foxo que enlazaba o río de
Moreda co Carrozo (cauce seco) de Muiñelo (pasa preto do Castelo
do Carbedo), sempre a pouca distancia deste monte (300 metros).
Este foxo discorre polo leste de Cido durante un quilómetro e
medio e polo norte case cincocentos metros.está escavado na
rocha, nalgúns sitios chega ater unha anchura de seis metros e
unha profundidade de cinco. É coñecido co nome de Carrozo da
Gralleira. O
foxo arranca do río de Moreda, á altura da aldea a atravesa
esta. Sobe ladeira arriba, pasa pola esquerda da atalaia do
Horto Redondo. Cruza á estrada de Visuña e cando chega á atalaia
das Penas Míllaras, torce á esquerda e baixa ó Carrozo de
Muiñelo, este pasa preto do Castelo do carbedo e remata no Lor á
altura de Esperante. Suponse que os romanos, sempre que
coincidía, aproveitaron os encaixados leitos de ríos e regatos.

Cido é un monte mítico entre os veciños das aldeas da
redonda. O seu étimo pode ser occidio (matanza,
carnicería), caedere (matar), nin occido (de
occidere = matar...), posibilidade aceptada polo profesor da U.S.C,
Sr. Moralejo.
Lomba alargada (tres quilómetros) e estreita, nace
de súpeto na Ferrería (759 metros), ascende suave ó Monte de
Campelo onde morre (1009 metros). No máis alto está o Castro,
que con máis de tres quilómetros de perímetro é dos máis
extensos de Galicia.
Todo
el en rocha caliza, cheo do covas e buratos, labirintos de
penedos, enormes chairas afundidas na pedra nai que facían de (dolinas),...,
a súa ermida derruida entre rebolos e aciñeiras. Suponse cheo de
grandes cavidades subterráneas que din que "brúan cando cambia o
tempo". Está cruzado de atallos e carreiros encaixados na rocha
que unen os lugares circundantes: Campelo, Visuña, Moreda,
Parada, Ferrería, Seoane, Esperante, Carbedo, Liñariños e o
Castelo do Carbedo.
Veciños do Carbedo atoparon aquí unha
águia de bronce dun
estandarte romano e unha táboa de hospitalidade (Dos Lougei,
28 d.C) que se conserva no Museo Provincial de Lugo.
Tábula Lougeiorum,
máis antiga e menos ornamentada que a anterior, é do ano I da
nosa era, pertence tamén os Lougei. Presuntamente, foi
encontrada por un tal J. Cajade, no ano 1983, durante unha viaxe
que fixo ó Caurel, posiblemente estivo en Cido; acabábase de
publicar un libro do Caurel (El Caurel. Excavaciones
Arqueológicas en españa nº 110) , onde se daba información
detallada deste monte e de dous achados: a Aguia e a Tésera do
Carbedo. Está depositada no Museo Arqueolóxico da Coruña (Castelo
de San Antón).

Non só a Mina da Toca, pódese dicir que
na antigüidade, todo
o Caurel foi unha gran mina. Ouro, prata, ferro, antimonio,
estaño tungsteno,...foron transportados seguindo o curso dos
ríos Navia e Lor-Sil-Miño ata o Mar Cantábrico e o Océano
Atlántico, onde os pobos que se adicaban ó comercio tiñan as
súas prazas. Inmensas cortas nos montes: Toca, Barreiro,
Toribio, Millares, Taro Branco, Lampas, Visuña, Moreda Maior,
Parada, Rogueira, Vieiros, Seara, Barrosas, Froxán, rendar,
Barxa de Lor, Folgoso, Riocereixa, Pena do Seo, Faro,
Formigueiros e Queixadoiro. Minas subterráneas: Santalla de
Louzara, Bustofrio, Sobredo, Ferreirós e Folgoso. Nos leitos dos
ríos: Lor, Selmo e Louzara. O meandro do Lor "cortado " do
Castro de Megoxe. As augas turbas delataron ós nativos e os
romanos non descansaron ata facerse cos filóns.

Ainda que
pouco estudiado o macizo montañoso no que se
atopa o Caurel conta con unha das maiores densidades do covas
e castros de Galicia. recentemente encontraronse multitude
de túmulos funerarios, aínda que a maioría foron barridos
polas excavadoras que abriron os cortalumes seguindo os cerengos
dos cordais dos montes. Na Cova do Oso de Moreda atopouse cerámica de máis de dez mil anos de antigüidade.
-
BIBLIOGRAFÍA:
-LUZON NOGUE, José Mª. y SÁNCHEZ PALENCIA RAMOS, Fco. Javier:
El Caurel. Excavaciones Arqueológicas en España nº 110.
Madrid. Dirección general del Patrimonio Artístico, Archivos y
Museos. 1980
-
Casimiro Torres Rodríguez. La Galicia Romana. Galicia
Histórica. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.
Fundación Barrié de la Maza.1982
-
Cántabros, Astures y Galaicos. Bimilenario de la conquista
romana del norte de Hispania. Ministerio de Cultura. 1982
-
Antonio Rodríguez Colmenero. Lucus Augusti, Epicentro
integrador da Gallaecia do Abrente. Universidade de Santiago
de Compostela. 1998
-Varios Autores.El Bronce de Bembibr. Museo de León. Ano
2000
|