TEXTO EN GALEGO Osos

Principal

 

  • Os oseiros do Courel, unha curiosidade histórica en Galicia.

Seguramente desapareceu da Serra do Courel na segunda década 1910-1920.

No século XIX contaba con oito nucleos que serían o da Ulloa en San Andrés de Illobre, o de Terra de Montes, na área de  confluencia das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, o da Terra de Trives na Serra de Queixa e San Mamede, o da Fonsagrada no límite de Asturias, o grande nucleo do Cebreiro, na Serra dos Ancares e montes circundantes, o da Terra do Courel e da Serra do mesmo nombre, o de Valdeorras nos montes próximos, e o da terra do Bolo na Serra do Eixo, nos confíns con León e Zamora.

López Seoane fálanos dos "oseiros" do Courel que con un coitelo e un cilindro de ferro endrentábanse a corpo limpio con este animal. A toponimia galega garda os nomes de Oseira, Valdoso, río Ursaria, etc. Alfonso XI no "Libro de la montería" da unha detallada relación dos montes galegos habitados polos osos. No folclore galego gárdanse ditos, contos e lendas onde o urso é o protagonista.

 

  • A verdade sinto pena...do oso, seguro que si o deixan ir non houbese pasado nada.

En Galicia os osos xa escaseaban no século XIX, pero víanse algúns na Serra do Courel, en Cervantes, en Oseira, Val de Quiroga e na Serra do Oribio. Del dí LÓPEZ SEOANES (1861) que era raro en San Andrés de Illobe, onde foi abatido un exemplar no ano 1848, na Serra do Courel, Burón, montañas de Cervantes, Vilalba e Cerezal, montes Urivios, Convento de Oseira y  Val de Quiroga.

 

Texto recollido do libro "Atlas de vertebrados de Galicia"  tomo I, colección do Patrimonio ecolóxico realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural, esta parte, sobre os mamíferos débese a Manuel Chouza Mata e Roxelia Cid González.

 


Principal | Aguilas | Lobos | Osos | Ratones Leonados | Víbora de Seoane

VOLVER A INICIO CONTACTAR