Veneira de Roques - Serra do Courel

Title
Vaya al Contenido
¡¡ Visita Serra do Courel, recorre sus senderos y disfruta de su maravillosa naturaleza !!

Veneira de Roques

Entorno > A Pobra do Brollón Aldeas
La aldea da Veneira de Roques está situada a unos 950 metros de altura, en la actualidad está poblada por unos pocos habitantes.
As minas de ferro que noutra época foron o motivo da súa orixe, como aldea neste século XXI, permanecen pechadas e son poucas as persoas que saben que atravesan dun lado a outro o pobo. Pertencentes a parroquia de Ferreiros onde enterran os seus mortos, teñen unha pequena capela na honra de Santa María Madalena non de Santa Bárbara ésa e na capela de Monteagudo, onde se celebran misas en determinadas ocasións. O gando ovino e caprino son un dos medios de vida dos seus derradeiros habitantes. Na actualidade estánse a explotar minas de pedra con fósiles para revestimentos e pisos. A empresa Cuarcitas de A Veneira é a encargada destes traballos.
As minas de Roques ou "Roquis" foron propiedade do Mosteiro de Samos dende mediados do século XVI. Os frades bieitos interesáronse pola industria do ferro debido a grande abundancia deste mineral na provincia de Lugo e explotaron diversas minas, entre elas a de Roques, foi unha das máis importantes. As ferrerías de Gundriz, Santalla de Lóuzara, construídas no século XVI, surtíanse especialmente da mina de Roques. No século XVIII traballábanse anualmente ata 1500 arrobas de ferro. Según Arias Cuenllas, as minas de Roquis no municipio da Pobra do Brollón e do Formigueiros no de Folgoso do Courel, eran os criadeiros. Na mina de Roquis traballaban trinta obreiros e abastecía a máis de doce ferrerías. O criadeiro de Roquis foi nomeado pola cantidade e calidade de material que se extraía. Esta é polo tanto unha ruta cargada de peso. A alquimia estivo presente nas ferrerías pertencentes aos monxes.. A Veneira tiña aforada a señora condesa de Lemos pagando o seu respectivo continxente.
Había quince ou vinte ferreiros cocendo o ferro da Veneira. Antes transportábase con bois, en tempos cunha cuadrilla de mulas. Das ferrerías  saía de camiño a Eiriz, A Pendella e Valdomir. Outro camiño apartaba na Lama, baixaba deica Casela e apartaba a dereita deica Lousadela, e outra no mesmo río en Gundriz. Outro camiño saía de aquí a Casela e Santalla de Lóuzara, onde había outra ferrería. Outro dende A Veneria a Ferrería de Incio. Outro dende a Veneira a Monteagudo e Viduedo onde había outra ferrería. Dende aqui levábano a Canedo e os da ferrería de Penacoba viñan buscalos. Outro camiño saía dende A Veneira pasaba por San Vitoiro por riba de Lebrón e pasaba As Balsas, un río de Recemunde a Salcedo de alí a Beirán e de ahí baixaba a costa de Santiago, pasaban camiño de Santiago a Baxa do Lor.
Contan que na pena do Socón hai ouro, tamén din que Roques da Veneira, fundouse no século XVI, por os traballadores que viñeran a traballar nas minas dende Santiago. Sábese que ata eiquí tamén chegaron os mouros e tamén que os botaron.
O ENTROIDO DA VENEIRA
Os compadres e as comadres de palla típicos de toda esta zona de Galicia tamén o foron eiquí. O entroido era unha época do ano na que se comía ben. Durante o ano comíase caldo e patacas con cebola pero o chegares o día da festa a cousa era seria. Comíanse moitos pratos, sopa de cocido, arroz amarelo, estofado de ovella ou cabra con cachelos e cabrito, de postre arroz branco, roscas, flores, matecadas e cañas. O viño ían por el a Piño ou Vilachá e o augardente tampouco faltaba.
Texto e fotos: Peruchela
Fonte: Guia do Concello de A Pobra   do Brollón ano 2000
Serra do Courel
Parroquia de San Silvestre de Seceda
27325 Folgoso do Courel (Lugo)
Regreso al contenido